NO LAXEIRO, 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS
Está a piques de comenzar no colexio o programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, 21 Días co Galego e máis , que ten como finalidade promover o uso do galego entre a xente nova, dentro e fóra do colexio.
Esta iniciativa é para que todos e todas falemos máis o galego e para axudarnos a pensar a relación que temos coas linguas e máis concretamente co galego. Xorde coa ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua chea de posibilidades. Ten a vontade de implicar aos nenos e nenas na procura de que o galego sexa a lingua normal de uso en todos os ámbitos. Implicarase ás familias enviando posibilidades para xogar cos seus fillos e fillas en galego. Graváronse xogos coma Tabú, Pasagalego, Adiviñas para animar á participación.
No colexio xa se está a ensaiar, con moita ilusión, a inaguración do devandito programa. Foron meses de preparación que por fin podemos gozar.
Xa está en marcha o programa. todos os días conectamos co blog "21 Días co Galego e máis"https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ na Hora de Ler e visionamos nas aulas un vídeo expositivo, cada día, que nos invita a facer reflexións lingüísticas e a traballar sobre os temas expostos.
Ademais, no tempo de lecer, o alumnado disfruta de xogos populares e un karaoke. Única condición para participar FALAR EN GALEGO.
CLAUSURA 21 DÍAS CO
GALEGO.
O pasado 6 de febreiro
rematamamos oficialmente a nosa participación no Programa 21 Días co Galego e
máis. Estamos satisfeitas cos resultados acadados, xa que achegamos a
impotancia do noso idioma ao alumnado e ás familias coa finalidade de
concienciar a todos de que o galego é unha lingua útil. Forma parte da nosa
identidade, da nosa cultura. Realmente, é un puntal que nos distingue do resto das
Comunidades Autónomas. É necesario transmitirllo ás novas xeracións para que
non se perda no tempo. É o noso TESOURO. Debémosllo aos nosos
devanceiros...falálalo, lelo, querelo, sentilo, transmitilo.
GRAZAS á iniciativa 21
Días co Galego e máis. Foron días intensos de traballo transversal, pero
satisfactorios por ver ao alumnado entusiamado coa preparación e gravación de
vídeos, actuacións, charlas na radio galega, conexións con personaxes da
televisión de Galicia.
O programa remata. Dende
este recuncho, queremos dar as GRAZAS a
todos e todas os/as que partcipástedes: alumnado, profesorado, familias,
autoridades, prensa (xornais Atántico e Faro de Vigo, por darlle visibilidade
ao traballo), ao Galicia por Diante por dar voz a pais deste centro, a
alumnos e alumnas e ao profesorado.
GRAZAS á coordinadora
dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Pontevedra por pensar no Ceip
Pl Pintor Laxeiro para participar neste Programa e, sobre todo, a PILAR
PONTE, a coordinadora e promotora dos 21 Días en Galego e máis, por
animarnos, orientarnos e axudarnos coa súa experiencia na materia. Pilar Ponte
é profesora de galego en Secundaria, puxo en marcha esta iniciativa no ano 2013
no IES de A Pobra do Caramiñal, pola que recibiu numerosos premios e
recoñecementos ao longo destes anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario