POR ROSALÍA NO LAXEIRO!!!
Hoxe é 23 de febreiro. Como cada curso facemos unha particular homenaxe á principal representante das Letras Galegas, no seu día.
Publicamos enlace a unhas unidades didáctica con sinxelas propostas de traballo nas aulas.
https://drive.google.com/file/d/1y5CUGfyZgXrNkDBrx5nYdUojHGe1eqr5/view?usp=sharing
https://patrifulca.wixsite.com/rosaliadecastro
Un grupo de nenos e nenas de 3º de Educación Primaria interpretaron a canción de Amancio Prada con letra do poema de Rosalía Adios ríos, adios fontes para visualizala nas aulas.
En Ed Infantil estanse a realizar traballos na honra de Rosalía como é o caso destes fermosos murais.
Ademais. na Biblioteca estase a realizar unha recompilación de soños para Rosalía para realizar a exposición: "24 soños para Rosalía" feitos por alumnado de Primaria.
O Equipo de audiovisuais está a preparar un Chatterpix sobre a vida da autora.
Ao longo da mañá, se o tempo o permite, farase un rego simbólico da roseira que hai no horto en lembranza deste día.
Tamén se poden facer traballos plásticos para que o alumnado leve para a casa, como esta tarxeta.1
Ningún comentario:
Publicar un comentario