1 DE ABRIL, DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024
No 2022 a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxeou a Laxeiro, o pintor que da nome ao noso colexio. Aquel ano adicamos gran parte do noso traballo a resaltar a figura do prestixioso artista. Desde entón, temos en conta as propostas da devandita Academia para introducir ao alumnado no coñecemento da arte galega.
Este ano o artista homenaxeado é o grande escultor Francisco Asorey. As súas fermosas obras pódense admirar en moitas cidades e vilas galegas. Deste xeito, os seus traballos locen maxestuosos nas rúas e prazas de Cambados, A Coruña, Vigo, Ourense ou Santiago de Compostela,
Nado en Cambados, no ano 1889, pronto destacou polas súas habilidades artísticas. Foi enviado a estudar a Barcelona e a Barakaldo (Biscaia) onde exerceu de profesor de debuxo e montou un importante obradoiro. Trasladouse un tempo a Madrid pero pronto regresou á súa Galicia natal; esta vez a Santiago de Compostela, onde morre en 1961. Na capital, ademais traballar nun obradoiro propio, exerceu de profesor anatómico forense na facultade de Mediciña. Foi un escultor absolutamente galego; a súa obra destaca polo gusto polo popular e a tradición da cultura galega.
Os nenos e nenas de 3º curso de Ed. Primaria puideron apreciar con asombro o Monumento a San Francisco na súa viaxe a Santiago de Compostela con motivo dos Encontros do programa 21 Días co Galego e máis. Foi entón cando quedou pendente o estudo da vida e obra de Asorey nas aulas. Aproveitando a conmemoración do Día das Artes en Galicia, o 1 de abril, achegáronse con moito interés á traxectoria escultórica de Asorey. Por parellas, elixiron as esculturas que máis chamaron a súa atención fixeron representacións plásticas das mesmas.
Os traballos foron recompilados nun mural conmemorativo para destacar a figura do artista. Na montaxe que aparece a continuación pódense apreciar estes traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario