PERSONAXES DO ENTROIDO
Esta festividade serviu de ocasión perfecta para achegar aos máis cativos as personaxes emblemáticas do Entroido en Galicia. A iniciativa foi levada a cabo por un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria, que asumiron a tarefa con grande entusiasmo.
O soporte escollido para a presentación foi o pequeno teatro Kamishibai, un formato dinámico e moi atractivo para o os escolares máis novos. Para a elaboración das imaxes tomouse como referencia o libro É tempo de Entroido, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra.
O resultado foi fantástico e o esforzo do alumnado quedou reflectido nunha montaxe que permite apreciar todo o traballo realizado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario