domingo, 1 de marzo de 2026

ROSALÍA DE CASTRO 2026

 DÍA DE ROSALÍA 2026 NO LAXEIRO


A semana do 23 de febreiro adícase no Laxeiro a resaltar a figura da insigne poeta Rosalía de Castro. O mural que preside a entrada do colexio está adicado á estrela Rosalía. Neste curso, onde a ciencia é a protagonista dos contidos, Rosalía foi vista como a estrela HD149143b que foi nomeada Rosalía de Castro no 2019.





Ademais o alumnado  elaborou traballos adicados á escritora e foron colocados á porta das aulas e nos corredores. Pola súa banda o alumnado de 6º A de ED Primaria traballou a proposta da AELG.
 ( Asociación de Escritores en Lingua Galega) 
"Máis eles tamén perdidos"

Nesta montaxe pódense apreciar algúns dos traballos realizados:



Ningún comentario:

Publicar un comentario