martes, 28 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

                              DÍA DO LIBRO NO LAXEIRO

   Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 3º de Educación Primaria do CEIP Laxeiro participou na actividade “Invitación á lectura”. Esta proposta consistiu en que cada neno e nena escollese un libro do expurgo da Bibliolaxeiro, o lese e, posteriormente, elaborase un pequeno resumo do seu argumento. Ademais, confeccionaron un marcapáxinas no que incluíron diferentes razóns para animar a outras persoas a descubrir e ler ese mesmo título.



Os marcapáxinas resultaron moi creativos.



  Os nenos e as nenas esforzáronse en colocar todos os libros lidos nunha caixa de cores para enviar os libros a outro colexio público e deste xeito compartir experiencias lectoras. O colexio que comparte as lecturas co noso alumnado é o Ceip de Valeixe, un pequeno centro público ubicado en A Caniza, interesado en que o seu alumnado sexa usuario habitual das Bibliotecas, do mesmo xeito que no noso.



Aproveitaron tamén para lembrar os seus títulos favoritos e  con eles decoraron un mural de aula no que reza a motivadora frase:

SE NON LES NON PASA NADA, SE LES PASA MOITO!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario