xoves, 14 de maio de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2026 NO LAXEIRO

              DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026

   Esta semana conmemoramos a chegada do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, dedicado este ano á polifacética escritora viguesa Begoña Caamaño.

   O pasado 12 de marzo, aproveitando a visita da súa irmá ao centro para gravar un podcast, realizamos un acto de homenaxe á autora. Ademais, ao longo desta semana estamos a desenvolver distintas actividades nas aulas para coñecer e recoñecer a súa figura e a súa achega á cultura galega.

   Os nenos e nenas de 6ºB realizaron traballos sobre as distintas facetas da autora que serviron para confeccionar un mural conmemorativo colocado á entrada do centro para darlle visibilidade a esta data.   

   Ademais, o alumnado de 5ºB preparou unha pequena representación de teatro lido na que se realiza un percorrido pola vida da escritora. Este grupo visitou as aulas de Primaria coa dramatización titulada Roteiro sobre Begoña Caamaño.

                                                

   Na Bibliolaxeiro está a disposición dos usuarios unha exposición de libros adicados ás Letras Galegas 2026. Deste xeito pódense consultar, ler e gozar de libros en galego.

   Aproveitamos este recuncho para anunciar que o podcast adicado a Begoña Caamaño foi galardoado co 1º Premio do VIII Concurso de Podscast na Radio na Biblio.PARABÉNS a todos os participantes!!! Para escoitalo premer na ligazón:

          https://drive.google.com/file/d/17aXiMcDMUqw4_95pFiY-YYI2o4auWcyE/view?usp=drivesdk


    Nas aulas, aproveitando a temática da obra Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, os nenos e nenas traballaron A Odisea adaptada ás súas idades. Analizaron o personaxe de Penélope en contraposición ao protagonista Ulises. Deste xeito, descubriron na súa figura valores como a paciencia, a intelixencia, a lealdade e a capacidade de resistencia, reflexionando tamén sobre o papel das mulleres nos relatos clásicos e a importancia de mirar estas historias desde unha perspectiva crítica e igualitaria. Ademais do idioma galego, tamén escoitaron e leron a versión en inglés.

                                        



Ningún comentario:

Publicar un comentario