sábado, 23 de maio de 2026

ACTIVIDADE DINAMIZACIÓN LECTORA INTERCENTROS

LECTURAS COMPARTIDAS LAXEIRO/VALEIXE



Co gallo do Día do Libro 2026, o pasado 23 de abril, os Equipos de Dinamización do Laxeiro e do CEIP de Valeixe, na Cañiza, compartimos unha actividade intercentros de intercambio de lecturas titulada “Invitacións lectoras”, da que xa demos conta nunha entrada anterior deste blog.

A actividade consistiu en que o alumnado de 3º curso de Educación Primaria agasallase os nenos e nenas de Valeixe cun exemplar procedente do expurgo da Biblio Laxeiro. Estes títulos retíranse da biblioteca para dar cabida a novas incorporacións e manter o fondo actualizado, e non pola súa falta de calidade literaria.

Así foi como, con moita ilusión, fixemos chegar cincuenta e tres libros, cada un deles acompañado dun marcapáxinas personalizado no que o alumnado escribiu os motivos polos que recomendaba a súa lectura.

Os nenos e nenas de Valeixe quedaron sorprendidos e encantados ao recibir a caixa de libros xunto cos saúdos do alumnado e profesorado implicado do Laxeiro; tan sorprendidos e agradecidos como quedamos nós ao recibir a súa resposta.

 Achegáron ao colexio. unha orixinal e creativa caixa de agasallo cunha manualidade confeccionada a partir dun libro de expurgo, pulseiras feitas á man coa frase motivadora “Eu leo” e un fermoso cadro pintado polo alumnado, que inclúe un código QR coa ligazón a un conto creado por eles e rubricado ao modo de Laxeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario