venres, 11 de febreiro de 2022

Día da Muller e a Nena na ciencia.

 Hoxe, venres 11 de febreiro, é o Día da Muller e a Nena na ciencia.

 Foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa da muller e a nena na ciencia. Mulleres, tantas veces esquecidas e marxinadas neste campo, ata o punto de apropiarse persoas doutro sexo dos seus importantes logros e descobrementos. Para que non volva a suceder, nunha sociedade xusta e paritaria, debemos educar en igualdade desde os primeiros anos de vida.

A igualdade  entre nenos e nenas é un contido transversal que traballamos todos os días, en todos os contextos da vida escolar. Aproveitamos datas sinaladas, coma a de hoxe, para incidir nun dos pilares da sociedade moderna.

Ao longo da semana, os nenos e nenas de Ed infantil deron conta da importancia dalgunhas mulleres nos adiantos científicos e tecnolóxicos. Para isto,  utilizaron o material didáctico que achegou a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo ao centro; unhas caretas diseñadas por Marta Riera, ex-profesora da Facultade de Belas Artes. O material pódese descargar neste enlace: 

     https://educandoenigualdade.wordpress.com/2021/02/05/caretas-e-biografias/

O alumnado de 5º, 4º e 6º de Ed. Infantil, respectivamente, confecciou vistosos murais didácticos:

5º Ed Infantil

En 3º de Ed Primaria estase a elaborar un libro viaxeiro para traballar, tamén na casa, a vida e obra destas importantes mulleres.

O alumnado do 3º ciclo de Ed Primaria puido gozar dunha charla presencial  impartida por Ángeles Peña, Profesora Titular do Departamento de Química Física da Universidade de Vigo. A devandita charla foi facilitada ao centro pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo.
Alumnos e alumnas  compartiron o entusiasmo da científica polo seu traballo e elaboraron fichas didácticas:
                     




Todo o alumnado dende Infantil a Primaria,  puido conectarse hoxe á actividade dixital "Ciencia en Femenino" promovida polo Faro de Vigo, a través da cal, un grupo de investigadoras expuxeron  a súa traxectoria profesional coa finalidade de ser un referente para todas e todos. Os cativos e cativas puideron inteactuar coas científicas conectadas.



                                                               

Ningún comentario:

Publicar un comentario