luns, 14 de febreiro de 2022

LAXEIRO E ROSALÍA, UN XARDÍN DE POESÍA

A nosa homenaxe á representante das Letras Galegas máis doce, humilde e sinxela: Rosalía de Castro. Un grupo de rapaces e rapazas, de 5º e 3º curso de Primaria, cantan  Alborada, pertencente ao seu libro de poemas, "Cantares Gallegos":

  




   Por outra banda, nas aulas, estamos a preparar o Día de Rosalía, o 23 de febreiro. Non se sabe se por casualidade, por alineación dos astros ou polo que sexa; o caso é que Laxeiro e Rosalía, dous xenios da nosa cultura, naceron un 23 de febreiro. Precisamente esa circunstancia inspirou  aos nenos e nenas de Ed Infantil para imaxinar un fermoso e colorido, xardín de poesía. 


   Sumándonos á proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), "Sementando Pensamentos" estanse a estudar os pesamentos de Rosalía a través dos termos que se atopan nos seus poemas. Palabras como: pombas, muller, cantos, terra, probe, soia, río, fonte, sol, sombras, lembranzas, cantares, mariposa, malenconía, xustiza... definen o pensamentos da insigne escritora. Ela sobre todo sentíase libre: «Soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos y ellos son la ley que rige mi destino». 
Palabras e sentires que foron escritos polos nenos e nenas en representacións plásticas de pensamentos, a flor favorita de Rosalía. Confeccionouse un mural para dar visibilidade a esta proposta na entrada do centro.



   Se nos fixamos na imaxe de Rosalía pódese apreciar un aire laxeirán nun intento de aunar as dúas grandes figuras da nosa terra.  




Plantamos pensamentos no horto escolar en honor a Rosalía e Laxeiro, tamén.









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario