xoves, 11 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!



AS BURRIÑAS DE DON PACO

As crianzas máis novas do centro gozaron dunhas xornadas moi divertida construíndo os seus propios xoguetes como facía Francisco Fernández del Riego na súa nenez. Con patacas e palillos compuxeron figuriñas coas que gozaron enormemente. 








FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO NOS XORNAIS


O alumnado de 4º de Ed Primaria adicou grande parte da xornada de hoxe a traballar a figura do protagonista das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego. Buscaron e recortaron novas sobre o autor nos xornais próximos a estas datas. Cos recortes elaboraron vistosos collages na honra do escritor e das Letras Galegas.















Por outra banda, pintaron un marcapáxinas conmemorativo e levárono hoxe para a casa, a diferencia do resto do alumnado que o fará mañá. Isto é así porque mañá, martes 16, sairán de excursión á capital de Galicia, Santiago de Compostela, para visitar unha exposición da obra bibliográfica de Fernández del Riego, sita na Cidade da Cultura, o Gaiás.






Tamén aproveitaron para entoar a canción popular galega favorita de Don Paco, A miña burriña.


                

    RECURSOS PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS


Este ano 2023 o Día das Letras Galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego, figura importantísima na defensa da lingua e cultura galega. A continuación aparecen unha serie de ligazóns para traballar co alumnado na aula.





No colexio estamos a preparar esta conmemoración con actividades de diversa índole.

En Ed Infantil realizarán traballos manuais en lembranza do autor. Con patacas crúas construirán cabaliños como se facía antaño, noutros tempos, non moi afastados, onde non existía o mundo dixital e as crianzas poñían a proba a súa creatividade con materiais impensables hoxe en día.

En todos os cursos estanse a preparar actuacións musicais e teatrais que se recompilarán nun festival, Faladoiro das Letras Galegas 2023. Unha vez feita a montaxe destas representacións, visualizarase nas aulas a semana das Letras.

Mural interactivo, o mural que preside eta entrada no blog será interactivo; para iso o alumnado de Infantil e Primaria, ata cuarto, están a ensaiar A miña burriña, canción favorita de Fdez. del Riego. Será gravada en audio e unida a un dispositivo colocado na burriña do mural, de tal xeito que apretando un botón se escoitarán as voces acompasadas dos alumnos e alumnas. Ademais os utensilios de D. Paco avivecerán a golpe de dedo. Poderase escoitar tamén un podcast coa biografía de D. Paco feito polo alumnado e dirixido polo equipo de Biblioteca.

O día 16, todo o alumnado levará para a casa un marcapáxinas conmemorativo decorado por eles mesmos coa finalidade de lembrar unha das efemérides máis importantes da nosa cultura. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario