mércores, 27 de setembro de 2023

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS- 26 DE SETEMBRO

 BENVIDOS AO CURSO 2023-2024!!!


  

   O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas. Trátase de resaltar a riqueza e variedade lingüística do continente e, deste xeito, fomentar o multilingüismo como ferramenta clave da interculturalidade.

   Dun tempo a esta parte, no Laxeiro, aprovéitase esta efeméride para dar a benvida ao novo curso académico, lembrando ao alumnado e á súas familias a impotancia de ter un idioma propio como esencia da nosa identidade. Incídese na variedade idiomática de Europa e do mundo, amosando a necesidade das aprendizaxes doutras linguas co fin de realizar intercambios culturais.

    Por todo isto, organizáronse e leváronse a cabo unha serie de actividades conmemorativas:

  • Cada aula decorou unha silueta coa palabra BENVIDOS nun idioma distinto. Con estes traballos elaboróuse un vistoso mural colaborativo que sirve para decorar a entrada do centro dando a benvida ao curso.

  •  


  • Nas aulas visionáronse vídeos para explicar con maior claridade a importancia desta data. 

                                              



  • A benvida ao novo curso académico por parte de alumnado extraxeiro foi recollida nunha montaxe gravada.

                    

Ningún comentario:

Publicar un comentario