martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN 2023

 UN LAXEIRO DE MEDO!!!



      Un curso máis celebramos a chegada do Samaín no colexio.

   Tanto o alumnado como profesorado ambientan o centro disfrazados de bruxas e monstros. Os corredores están adornados con motivos terroríficos que fan deste día unha temida xornada. Prográmanse actividades para esta festa. É o caso da colocación de caixas dos sentidos en cada andar, para que nenos e nenas metan dentro as mans a través dun burato para adiviñar o que hai no interior. AIIIIII...QUE SERAAAAÁ!!! Berran moitos e moitas.

     Degústanse unhas terroríficas merendas nas aulas e a BAILAAAAR! A bailar todos xuntos a canción de Uxía Lambona e a banda Molona; O Samaín. Nas clases debuxanse medos que son encerrados nunha caixa para sempre.

    Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse tunear o mural do Día das Linguas,e reconvertir os saúdos en todos os idiomas europeos en palabras galegas referidas ao Samaín. Quedou moi vistoso!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario