Ao longo do mes de novembro o alumnado adica parte do seu tempo a actividades específicamente científicas. Neste senso organizaronse charlas, obradoiros e traballos
CHARLA : "EFECTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO NA RÍA DE VIGO"
Poñente: José Fernández Babarro, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e pai dunha alumna deste centro.
O pasado venres, día 18, o científico achegouse ao colexio para impartir unha charla en tres sesións aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria. A conferencia versou sobre a importancia do fitoplacton na calidade da alimentación dos seres mariños da nosa ría; por iso, calquera cambio na temperatura da auga do mar pode ter consecuencias graves para a vida mariña. O placton muda co quentamento da auga e isto obriga ás especies que se alimentan del a marchar ou a adaptarse. Ademais, estas algas microscópicas que habitan na superficie dos océanos teñen moita importancia na absorción do dióxido de carbono e na liberación de osíxeno a atmosfera.
Falou da importancia do uso dos mexillóns como alimento e en odontoloxía, onde usan o coláxeno producido por esta especie para obter materiais.
A poñencia resultou moi interesante e didáctica para o alumnado.
OBRADOIRO MATEMÁTICO
Os estudantes de 5º de Primaria participan nun Proxecto da UVigo chamado "Te lo cuentan las matemáticas" que pretende estimular as vocacións matemáticas entre o alumnado.
Como cada ano, nas clases, se adica tempo a estudar o labor do científico ou científica galega do ano. Este ano a personalidade homenaxeada é o veterinario,Juan Rof Codina. Nado en Prat de Llobregat(Barcelona) en 1874, estudou a carreira en Madrid e foi destinado a Lugo, onde o seu traballo deixou unha fonda pegada na Galicia rural de inicios do século XX. Montou unha clínica veterinaria en Lugo, a primeira de España. Foi un estudoso e impulsor das razas gandeiras autóctonas de Galicia, o porco, a pita de Mos, pero dobre todo do gando vacún. Grazas ao seus traballos, hoxe gozamos da raza Rubia Galega.
Contribuiu a modernizar o sector agropecuario e á difusión do concepto de asociacionismo entre os gandeiros galegos . Para o alumnado é unha honra homenaxear a personalidades coma Rof Codina que axudaron a Galicia a sair do atraso e a precaridade de épocas pasadas.
SELECCIÓN FONDOS DE TEMÁTICA CIENTÍFICA NA BIBLIOTECA
Ningún comentario:
Publicar un comentario