domingo, 12 de maio de 2024

UN MAIO DE LETRAS E EMOCIÓNS

 

                      UN MAIO DE EMOCIÓNS

Maio está a ser un mes de contacto estreito coas emocións no Laxeiro. As tradicións e a cultura do noso pobo atraen ao alumnado dun xeito especial. As cancións, bailes e poesías galegas arranca neles un sentimento de benestar, entusiasmo e ledicia. Nesta liña titulamos este mes como o MES DAS EMOCIÓNS, pois o feito de que as plantas reverdezan e os días sexan máis longos, implica unha mellora no ánimo de todos e todas.

O bo humor coincide coa preparación da celebración do Día das Letras Galegas 2024, que achega ao colexio un ambiente de cultura, luz e cor. Adornamos as entradas con traballos plásticos que imitan aos xardíns. O mural principal está  adicado a Luisa Villalta, escritora coruñesa homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Nas clases confeccionáronse flores de papel, cada unha delas representa  unha emoción.

 Estes traballos de aula relacionados coas emocións pretenden que o alumnado recoñeza estes sentimentos. Este recoñecemento é o paso previo para xestionar as habIlidades sociais de xeito intelixente e positivo.


  
 
Os nenos e nenas preparan con moita ilusión o Faladoiro das Letras Galegas, están a ensaiar o recitado da poesía de Villalta, poemas musicados adicados ao maio e moitas actuacións máis das que  gozaremos neste festival virtual.

Para estudar a figura de Luisa Villalta, o profesorado está traballar nas aulas a importancia da celebración do Día das Letras Galegas con recursos como os carteis conmemorativos da vida e obra desta autora enviados aos centros dende a  Secretaría Xeral da Lingua (SXL); e outros que aparecen nestas ligazóns.









TRABALLOS DE AULA-LETRAS GALEGAS 2024


Os alumnos e alumnas de terceiro B de E. Primaria realizaron uns traballos en grupo para destacar a figura de Luisa Villalta.











Ningún comentario:

Publicar un comentario